VII Roteiro sobre Patins Paseo Marítimo da Coruña

Publicada el 19 ene., 2018 en la categoría Eventos

Se as condicións atmosféricas o permiten, este domingo 21 de xaneiro, teremos roteiro sobre patíns no Paseo Marítimo da Coruña.

O próximo domingo 21 de xaneiro de 2018, se a chuvia non fai acto de presencia, ADC Alquimia Inline desenvolverá o seu primeiro roteiro sobre patíns do novo ano, para todos os que desexen asistir.

O punto de partida será a "Explanada de Riazor", onde nos reuniremos sobre as 11:45h, e o percorrido dará comezo as 12h, en grupos de 3 niveis:

  • Básico: Ata a Fonte dos Surfistas e volta.
  • Intermedio: Ata a Torre de Hércules e volta.
  • Avanzado: Ata a Torre e volta e ata o Portiño e volta.

A actividade é gratuíta, previa inscripción e ata o fin de prazas, e para poder participar é necesario saber desprazarse sobre patíns de forma autónoma e segura, no medio urbán.

Ademais, é obrigatorio o uso do casco protector, e moi recomendable o uso de codeiras, bonequeiras e xeonlleiras.

Ínscribete cubrindo este breve formulario!

 

 

 

Formulario de inscripción

Non olvides as túas proteccións para poder participar con seguridade.

E se es [email protected] de Alquimia Inline, trae a túa camiseta e axúdanos a darlle visibilidade á entidade!!

#Adcalquimiainline #patinajeenlinea #rutassobrepatines #disfrutapatinando #rutascoruña #notepierdasniunarutamas #pontelospatines #nosinmicasco #eupatino