Roteiro en Patín Carril Bici O Burgo

Publicada el 14 may., 2018 en la categoría Eventos

Primeiro roteiro en patíns de Alquimia Inline no Día das Letras Galegas

Como ven sendo habitual nos últimos sete anos, ADC Alquimia Inline, organiza un roteiro pola ría do Burgo o Xoves 17 de maio a partires das 12:00h.

Vai dirixido tanto a adultos como a nenos, tendo en conta que estes últimos irán baixo a responsabilidade do adulto có que veñan.

A saída está proxectada para o aparcadoiro da Rosa e a Espada (onde se pon o Circo no Burgo), sempre e cando o bo tempo nos acompañe. 

Recordámosvos que o plazo límite de inscripción remata o mércores 16 de maio ás doce da noite.

Formulario de inscripción

Non vos olvidedes de que o uso do casco é obrigatorio; e que os protectores de  rodillas, cóbados e bonecas  son moi recomendables.

 

#Adcalquimiainline #rutassobrepatines #rutascoruña #patinajeenlinea #notepierdasniunarutamas #Pontearodar #Patinaenlacalle #Pontelospatines #eupatino

Galería