Ímonos de roteiro a Arteixo!!!
ADC Alquimia Inline desprázase o próximo domingo ó paseo marítimo que vai entre as praias de Sabón e Barrañán, e coa colaboración do Concello de Arteixo, poderá desfrutar dunha paisaxe única sobre rodas.
Dende o aparcadoiro da praia de Sabón (xunto a central eléctrica), e a partir das 11h (xuntanza as 10:45h), sairemos adultos e nen@s, para percorrer un trazado sinuoso de subidas e baixadas que medirá a resistencia e forza dos nosos músculos e a nosa destreza sobre os patíns.
É un roteiro apto só para niveis intermedios e avanzados de dominio dos patíns, polo que se queres vir e non tes o teu nivel claro, non dubides en consultarnos.
A xornada é totalmente gratuíta e está incluida no Proxecto Deporte Solidario e Inclusivo 2017 da Fundación Emalcsa, no que entidades como Asperga Coruña, Accem e outros centros con vinculación os Servicios Sociais, tamén farán partícipes ós seus usuarios para que desfruten dos patíns na rúa.
Enche este breve formulario antes do 18 de agosto (24h) e inscríbete!!
El evento ya ha finalizado.
Concello da Coruña - Coruña Deportes - Federación Galega de Patinaxe – Xunta de Galicia – Deporte Galego - Fundación Deporte Galego – Fruteria La Huerta Santa Cruz – Duendedulce – Decathlon Oleiros – Hockey Mapax – Ocupacións Significativas – Jamonería Cervecería Sieiro – HELYA Roller Skate Store - TDC Skate&roller – COSTA Reformas Integrales – Pérez y Figueroa arquitectura + gestión – Grupogestán– Alantia